Saturday 04 de May de 2024

O Concello de Camariñas é o único da comarca en conseguir os catro distintivos azuis


A praia de Arou, o Museo Man de Camelle, o Club Náutico de Camariñas e a ruta litoral de Camariñas obtiveron outro ano máis o galardón de Bandera Azul.

O Concello de Camariñas é o único da comarca que conseguiu os catro distintivos azuis que outorga anualmente a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), repetindo así os resultados acadados o pasado ano.
Na categoría de praias o areal de Arou obtivo a ‘Bandeira azul’, o Museo Man de Camelle conseguiu o de ‘Centro Azul’, o Club Náutico de Camariñas o de ‘Porto Azul’ e a ruta litoral de Camariñas o de ‘Sendero Azul’.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, amosou hoxe a súa satisfacción por “repetir uns excelentes resultados” e destacou que “este anuncio reafirma a nosa aposta por converter Camariñas nunha referencia no turismo de proximidade”.